CITA NA HABANA

Edicións Xerais - 9788483024157

Historia y técnica

Sinopsis de CITA NA HABANA

En 1895 estoupa en Cuba a terceira e definitiva das guerras da independencia. Un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi Torres –estudiante golfo, poeta impublicado e ilustre idiota segundo a súa propia definición–, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano co único propósito de atopar na illa a súa amada, a actriz Lola Molina “La Argentinita”. Mentres rastrexa a pista de Lola, Maxi vese inmerso cada vez máis naquela guerra que, desde o outro lado do mar, se sentía como algo lonxano, véndose na obriga, en moitas ocasións, de tomar partido ante os acontecementos que o envolven. Tralos pasos de Lola percorrerá boa parte da illa e, como o heroe grego Ulises, ata o remate da súa odisea no se vai decatar de que o máis importante da viaxe estaba no camiño. Cita na Habana tamén é unha modesta homenaxe á memoria das víctimas da guerra do 98, cíviles e militares, dun bando e doutro e á daqueles que quedaron aquí a agardalos para sempre.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483024157

Número de páginas: 56

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/07/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - CÓMICS

Alto: 30.5 cm
Ancho: 21.0 cm
Grueso: 0.7 cm
Peso: 536.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Fran Jaraba


Fran Jaraba (Pontevedra, 1957) é un dos grandes ilustradores galegos. Arquitecto, profesor de debuxo de Educación Secundaria, colaborador das revistas "Can sen dono", "Golfiño", en 1979 promoveu xunto con Xan López Domínguez e Miguelanxo Prado a publicación "Xofre", unha das primeiras revistas de cómic que se editaron en Galicia. En 1980 obtivo o primeiro premio do concurso nacional de cómic para nenos, organizado pola Agrupación Cultural O Facho, coa historieta "A insólita aventura de Manoliño catro ás". Dende entón leva ilustrados máis de cincuenta libros no ámbito da edición infantil e xuvenil, entre os que destacan títulos como "A volta a Galicia en corenta pontes e media" (cómic, 1986), "A formiga coxa" (Xerais, 1989), "O rescate do peneireiro" (Xerais, 1990), "Lonxe do mar" (1991), "Bichos con gaseosa" (1992), "O tesouro do dragón Smaug" (1992), "As tundas corredor" (1993), "Cando petan na porta pola noite" (Xerais, 1994), "A expedición do Pacífico" (Xerais, 1994), "Un troll no faiado" (1995), "Estampado" (1998), "Matapitos.com" (Xerais, 2000), "Lúa e os nubeiros" (2.000) e "Contos para levar no peto" (Xerais 2001).Como autor de cómic publicou "Cita na Habana" (Xerais 2000) "Campos de Cuba" (Xerais 2004), ''Terra libre'' (Xerais 2008) en edicións simultáneas en galego e castelán.
Descubre más sobre Fran Jaraba
Recibe novedades de Fran Jaraba directamente en tu email

Opiniones sobre CITA NA HABANA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana