📗 Libro en gallego COMUN TEMOS A PATRIA

BIOGRAFIA DOS IRMANS VILLAR PONTE

EMILIO XOSE INSUA y XURXO MARTINEZ GONZALEZ

Edicións Xerais - 9788491213048

Estudios literarios Biografías y estudios de escritores

Sinopsis de COMUN TEMOS A PATRIA

«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala.Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.«Todo canto eu fixen se acha ateigado dun amor a Galiza que calquera poderá igualar, pero nunca superar.» A frase de Ramón Villar Ponte, igualmente aplicábel a seu irmán Antón, resume perfectamente o norte que guiou a intensa, continua e poliédrica actividade cívica, política, cultural, xornalística e literaria destes dous irmáns no sangue e na patria que idearon no seu día, «en parolas íntimas», as Irmandades da Fala.Desde a prensa, o folleto, a carta, o libro e a tribuna, os irmáns Villar Ponte resultaron decisivos na configuración dun tempo en que a lingua se fixo bandeira e Galiza comezou a se sentir nación plena á procura dos seus dereitos.Emilio Ínsua e Xurxo Martínez relatan esta singradura irmandiña botando man dunha inxente cantidade de documentos inéditos ou descoñecidos que permiten ofrecer un retrato complexo e axustado destes dous membros destacados da Xeración de 1916. Un esforzo de síntese ameno e rigoroso para dar conta dunha obra de magnitude e relevancia verdadeiramente xigantescas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491213048

Idioma: Gallego

Número de páginas: 664
Tiempo de lectura:
15h 55m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/01/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Biografía

Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 863.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por EMILIO XOSE INSUA


Emilio Xosé Ínsua López (Viveiro, 1967). Doutor en Filoloxía Galega pola USC e profesor no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Fai parte da redacción de "Aulas Libres" (STEG), "Ardentía" (FGCMF) e "Revista Galega de Educación" (Nova Escola Galega). Mantén na rede o blog «A ínsua do Ínsua» e escribe acotío no "Heraldo de Vivero". Editou libros de texto e obra inédita de Prados Ledesma e García Dóriga, así como pezas de Antón Villar Ponte. Participou en Letras de Cal e publicou "Devalar das esperas" (1995) e "Acontece ás veces a ternura" (2005). Obtivo os premios de investigación Irmandiños (1996), Ramón Piñeiro (2004) e Ánxel Fole (2002 e 2009). Escribiu en colaboración con C. Nuevo os volumes "O primeiro Antón Villar Ponte" (2003) e "Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal" (2010). É autor tamén de "Sobre «O Mariscal» de Cabanillas e Villar Ponte" (2005); "Antón Villar Ponte e a Academia Galega" (2006); "Orixe, peripecia e pertinencia do topónimo San Cibrao (Cervo)" (2010), e "A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931)" (2016). En colaboración con Xurxo Martínez González escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018).
Descubre más sobre EMILIO XOSE INSUA
Recibe novedades de EMILIO XOSE INSUA directamente en tu email

Opiniones sobre COMUN TEMOS A PATRIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana