Logo da publicación de O futuro é posible en 2012, Emilio Pérez Touriño volve tirar do prelo outra obra, desta volta relacionada coa actualidade: Crise global e crise da política. O expresidente da Xunta de Galicia debulla neste libro unha ollada á crise que nonse limita a análise senón que formula unha proposta dende Galicia.