Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista en Inditex para regresar á súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría. Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais. A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión. Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. «Detective Ferruchi» tamén lles dá voz a todas esas mulleres que desde os anos oitenta axudaron a levantar un imperio téxtil internacional grazas ao seu traballo nas cooperativas. Un traballo duro pero que para moitas significou a súa independencia económica. «Detective Ferruchi», de Marta Villar, é unha novela coral e divertida contada cun ton irónico e eficaz que consegue manter a intriga ata o final.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411105910
Idioma: Gallego
Número de páginas: 480
Tiempo de lectura:
11h 28m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/10/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 3.5 cm
Peso: 630.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Marta Villar
Marta Villar (Malpica de Bergantiños, 1973) é xornalista. En 2020 conseguiu o Premio Tiflos de Xornalismo e resultou finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación. Foi finalista tamén nos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións de 2021 e 2022, así como no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla) de 2021. A súa primeira novela é «Non temerás os coches amarelos» (Xerais, 2023) e gañou o XLI Premio Xerais de Novela coa obra «Detective Ferruchi» (Xerais, 2024). Con «Os peidos máxicos de Sultán» (Xerais, 2024) estréase no eido da literatura infantil.