📗 Libro en gallego ESPAÑOIS TODOS: AS CARTAS SOBRE A MESA

As cartas sobre a mesa

Edicións Xerais- 9788497820899

Política Política nacional

Sinopsis de ESPAÑOIS TODOS: AS CARTAS SOBRE A MESA

Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo "castellanista" que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia.Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo "castellanista" que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820899

Idioma: Gallego

Número de páginas: 160

Tiempo de lectura:
3h 44m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/01/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.7 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 255.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre ESPAÑOIS TODOS: AS CARTAS SOBRE A MESA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana