“Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.
A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar”constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de“poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentid...
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484874621
Idioma: Gallego
Número de páginas: 130
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 02/12/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 8
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL FORCADELA
Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.