📗 Libro en gallego GUIA DE VIÑOS, AUGARDENTES E BODEGAS DE GALICIA 2006-2007

XERAIS- 9788497825177

Bebidas Vinos

Sinopsis de GUIA DE VIÑOS, AUGARDENTES E BODEGAS DE GALICIA 2006-2007

Esta Guía de Viños, Augardentes e bodegas de Galicia 2006-2007, preparada pola Asociación de Sumilleres Gallaecia, recolle a máis exhaustiva e rigorosa información publicada ata agora sobre o panorama vitivinícola de Galicia. Concibida como un libro de consulta, dirixido tanto aos profesionais do sector e da hostelería, como ao público afeccionado, proporciona os datos de máis de setecentas marcas comerciais de viños e augardentes, catrocentas bodegas e máis de catrocentas rigorosas notas de cata (elaboradas por cerca de corenta catadores), alén de salientar os viños distinguidos pola Asociación de Sumilleres Gallaecia. Completan o volume diversos ensaios divulgativos sobre as características dos viños e augardentes galegos escritos por primeiras firmas (María Isabel Mijares y García-Pelayo, José Serrano Cuadrillo, Cristino Álvarez, José Luís Hernández Mañas, Custodio L. Zamarra, Mariano García, Carlos Falcó, Ramón Núñez Centella, Ignacio Orriols Fernández e Luis Moya ), así como un vocabulario especializado sobre os termos relacionados coa cata e co viño, ademais de incluír informes actualizados sobre as características da produción recente de cada unha das Denominacións de Orixe calificadas (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), dos recoñecidos como “Viños da Terra” (Terra de Betanzos e Terras do Val do Miño-Ourense), así como a do Consello Regulador das Denominacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A primeira guía valorativa que recolle toda a riqueza e diversidade dos viños e augardentes galegos, o elixir de ouro que mellor destila a nosa terra.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497825177

Idioma: Gallego

Número de páginas: 440

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 23/11/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por ASOCIACION DE SUMILLERES GALLAECIA


Descubre más sobre ASOCIACION DE SUMILLERES GALLAECIA
Recibe novedades de ASOCIACION DE SUMILLERES GALLAECIA directamente en tu email

Opiniones sobre GUIA DE VIÑOS, AUGARDENTES E BODEGAS DE GALICIA 2006-2007


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana