📗 Libro en gallego MORGUN

Edicións Xerais - 9788497820530

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de MORGUN

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: “o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo”. Morgún –aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497820530

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 30/09/2003

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 183.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Suso de Toro


Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.
Descubre más sobre Suso de Toro
Recibe novedades de Suso de Toro directamente en tu email

Opiniones sobre MORGUN


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana