📗 Libro en gallego O PROFESOR DE VEGLIOTA

Edicións Xerais - 9788497827065

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O PROFESOR DE VEGLIOTA

Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu salvar tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as súas investigacións sobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idade de ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da lingua oriental como a única oficial.O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, que se ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez un ensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita.Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu salvar tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as súas investigacións sobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idade de ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da lingua oriental como a única oficial.O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, que se ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez un ensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497827065

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/03/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 229.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Veiga


Manuel Veiga
Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960) é doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e licenciado en Ciencias da Información. En 1983 entrou a formar parte da redacción do semanario «A Nosa Terra», periódico que dirixiu entre 2007 e 2010. No ano 2004 gañou o premio Xerais coa novela «O exiliado e a primavera» e, en 2006, o Manuel García Barros con «Lois e Helena buscándose un día de tormenta». Outras obras súas son «O profesor de vegliota», novela (Xerais, 2008), «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico» (Xerais, 2012) , «O pacto galego na construción de España», «Manuel María, buscando un país» (Xerais, 2016), «Todo ser humano é un río» (Xerais, 2016), «A parte queimada. Stalin & Robespierre», «As mellores tendas de Madrid» (Xerais, 2021) e «Perder as bestas» (Xerais, 2023). Colabora en «Nós Diario» e no blog «Biosbardia». (Foto do autor: Antonio Gutiérrez)
Descubre más sobre Manuel Veiga
Recibe novedades de Manuel Veiga directamente en tu email

Opiniones sobre O PROFESOR DE VEGLIOTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana