Esta obra presenta unha metodoloxía que escoita a quen aprende para falarlle a quen ensina; é un libro para aprender a ensinar e ensinar a aprender, que achega con humor formas de facer, ofrecendo maneiras de actuar respectuosas para ensinar dende quen aprende. Fai fincapé na importancia da escoita activa por parte do profesorado, ademais de describir diferentes beneficios e ferramentas para levalos a cabo nas aulas. «O sorriso do coñecemento» xorde da necesidade de entender a educación como un principio activo para o desenvolvemento integral da persoa, reflexionando sobre a realidade da escola actual. Está estruturado en tres partes: escoitar para aprender, escoitar para ensinar e o método CEMA (Comprender, Enunciar, Memorizar e Aplicar).
Para José Antonio Fernández Bravo este manual é “a enxeñería do camiño para a adquisición do coñecemento”. Cuestiona que nos métodos de ensino tradicionais o docente é o provedor duns contidos elaborados que o alumnado consome: “É difícil obter coñecemento por parte de quen ensina se o proceso que se segue para quen aprende é aceptar a información que recibe, memorizala e esperar que entenda o que memorizou”, explica sobre o concepto IME (Informar, Memorizar e Entender). Pola contra, o método CEMA consiste en darlle sentido propio ao correcto significado; informar con rigor e claridade despois de que se teña comprendido; memorizar, reter e reproducir; e aplicar para fortalecer a aprendizaxe e adquirir coñecemento para, finalmente, rexurdir, acoplar e transferir ese saber.
Trátase dun método ontolóxico-epistemolóxico. Por un lado, comprende a quen aprende, tendo en conta a persoa en todas as súas dimensións e crendo nela. Tamén busca entender a súa conduta e require comprender a quen aprende. O autor escribe, reflexiona e dialoga coa atención posta nas nenas e nenos e nos adolescentes, que poden e queren aprender sempre, alertando sobre este gran reto para quen ten a responsabilidade de ensinar: os docentes, as familias e os demais adultos.
Ficha técnica
Traductor: Celia Recarey
Editorial: Kalandraka Editora
ISBN: 9788413430959
Idioma: Gallego
Número de páginas: 232
Tiempo de lectura:
5h 29m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/10/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Biblioteca de Pedagoxía
Biblioteca de Pedagoxía
Alto: 21.5 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 372.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por José Antonio Fernández Bravo
José Antonio Fernández Bravo. Es siempre MAESTRO. Ha trabajado en todas las etapas educativas y ejerce como profesor universitario. Para él, la pregunta fundamental no es cómo de bien realizan niños y niñas los ejercicios que hacen, sino cuánto bien les hacen a ellos los ejercicios que realizan. Está convencido de que no hay aprendizaje donde no haya desafío, que provoque en los estudiantes una necesidad a su «querer conocer». Sueña con el que enseña, el despertar para el que aprende; construyendo la escuela que no existe para aquellos que «no llegan».