En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez e setenta anos da parroquia. Decontado achegaríase Robertiño aos penedos da Casa da Moura, onde se agochaba o seu pai, Roberto Ferreño, o seu tío Marcial e os seus compañeiros, Severo e Fermín, para contarlles aquela aldraxe e asegurarlles que os dous gardas civís e o falanxista prometeran que "as fusilarían a todas se non lles dicían onde vostedes se esconden". Aqueles catro homes, todos labregos, os últimos fuxidos, entobáronse na serra do Corzo hai catorce anos para evitaren ser fusilados polos homes do Garabís como lles sucedera o mestre Gregorio e a súa dona.Novela trepidante sobre o heroísmo dos últimos fuxidos, continuación do universal ficcional creado por Xosé Fernández Ferreiro en Agosto do 36, Premio Xerais 1991.En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez e setenta anos da parroquia. Decontado achegaríase Robertiño aos penedos da Casa da Moura, onde se agochaba o seu pai, Roberto Ferreño, o seu tío Marcial e os seus compañeiros, Severo e Fermín, para contarlles aquela aldraxe e asegurarlles que os dous gardas civís e o falanxista prometeran que "as fusilarían a todas se non lles dicían onde vostedes se esconden". Aqueles catro homes, todos labregos, os últimos fuxidos, entobáronse na serra do Corzo hai catorce anos para evitaren ser fusilados polos homes do Garabís como lles sucedera o mestre Gregorio e a súa dona.Novela trepidante sobre o heroísmo dos últimos fuxidos, continuación do universal ficcional creado por Xosé Fernández Ferreiro en Agosto do 36, Premio Xerais 1991.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497822398
Idioma: Gallego
Número de páginas: 248
Tiempo de lectura:
5h 52m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/11/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 386.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Fernández Ferreiro
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. "Ulcis" (Xerais, 2020) publícase postumamente.