SARMIENTO VIDA E OBRA

XERAIS - 9788483027714

Historia local de España Galicia

Sinopsis de SARMIENTO VIDA E OBRA

Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sobranceiras da cultura ilustrada do século XVIII hispano e un dos primeiros e máis singulares estudiosos da cultura galega. Amante da sabedoría, lector infatigable, escritor torrencial, atento a moitos dominios da vida cultural do seu tempo, Sarmiento destacou por ser tanto un dos introductores de Newton en España, como o erudito que recupera a memoria da lírica medieval galega; o lector en varios idiomas, ou o escritor en galego do Coloquio de vintecatro galegos rústicos; o medievalista que analiza a documentación de séculos dos mosteiros galegos, e o científico que fai ensaios de electromagnetismo e hibridación de plantas; o botánico que escribe páxinas fermosas da nosa historia natural, tanto coma o filólogo adiantado dos estudios de filoloxía románica; o correspondente de importantes científicos europeos, así coma o viaxeiro que analiza e constrúe pezas basais da cultura galega; aquel que estaba presto para dar a súa opinión informada sobre asuntos da vida pública, ou mesmo aquel que quería unha educación racional, da vida e para a vida, e unha escola en galego.Sarmiento. Vida e obra, o libro preparado por Antón Costa Rico para dar a coñecer a figura homenaxeada o 17 de maio de 2002, pretende debuxar o perfil desta senlleira personalidade, percorrendo a súa vida, o seu tempo e a súa obra, que é a dun investigador e un pensador que se manifesta como galego e como ilustrado. Un percorrido que procura facerse co acompañamento de escritos breves saídos da súa pluma, e de varios apuntes informativos que axuden a captar as vicisitudes dunha biografía singular; a de alguén que, como el dixo, nada facía, dicía ou escribía sen ter o seu pensamento en Galicia.Antón Costa Rico é doutor en Ciencias da Educación e profesor de Política Educativa e da Historia da Educación en Galicia na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais da súa actividade académica e universitaria, asociativa e cívica, é autor dunha ampla

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027714

Número de páginas: 108

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 14/03/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Letras Galegas


Especificaciones del producto



Escrito por Antón Costa Rico


Antón Costa Rico (anton.costa@usc.es) é Profesor Catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago de Compostela (Galicia). Doutor en Ciencias da Educación (Universidad de Salamanca, 1982). Ten unha extensa traxectoria de docencia universitaria nos campos da política educativa e da historia de la educación, ámbitos os estes nos que desenvolve actividades de investigación. É un dos fundadores e promotor do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega (1983) e foi un dos impulsores da difusión da pedagogía Freinet desde 1974. Foi Director do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e Decano da súa Facultade de Ciencias da Educación. É membro do Consello Escolar de Galicia desde a súa creación. Dirixiu dez teses de doutoramento universitario. Tivo ata o presente diversas presenzas académicas en Suiza, Francia, Inglaterra, Brasil, Arxentina e Portugal. Actualmente é o Presidente da ‘Sociedad Española de Historia de la Educación’ (SEDHE). Como militante da renovación pedagóxica tivo e ten presenza frecuente en diversos foros de reflexión e de exposición pública. Foi correspondente de Cuadernos de Pedagogía en Galicia. Impulsor e membro dos Consellos de redacción das revistas pedagógicas As Roladas-2, Revista Galega de Educación e Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, entre outras. Militante político e cívico no espazo da esquerda e do nacionalismo galego. Diversos aspectos da historia da educación en Galicia e cuestiones da historiografía educativa centran a súa atención investigadora no presente. Entre as súas obras: O ensino en Galicia. Problemática e perspectivas (1980), Escolas e mestres. A educación en Galicia da Restauración á II República (1989), Historia do ensino no Reino de Galiza (anos 413-1483), A reforma da educación (1906-1936) (1996), Informe sobre a situación e estado do sistema educativo en ...
Descubre más sobre Antón Costa Rico
Recibe novedades de Antón Costa Rico directamente en tu email

Opiniones sobre SARMIENTO VIDA E OBRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana