Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo, mais no que a persoa carece moitas veces dunha verdadeira soberanía e dunha plenitude de horizontes e expectativas culturais e vitais. Unha cultura e unha educación ricas en valores e enraizadas no social, atentas ás descubertas das ciencias naturais e sociais e ás creacións técnicas e tecnolóxicas, poden constituír unhas ferramentas imprescindibles para a emancipación humana e a realización vital. O mundo da cultura é fascimante. Protagoniza a mellor partitura do ser humano. A cultura é esixente, pero outorga xenerosas doses de felicidade, pracer e, sobre todo, o logro dunha fecundante vixilia. Dun escoitar os sons do silencios. Dun ver máis alá. Este libro quixo abordar algúns aspectos desa viaxe.Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo, mais no que a persoa carece moitas veces dunha verdadeira soberanía e dunha plenitude de horizontes e expectativas culturais e vitais. Unha cultura e unha educación ricas en valores e enraizadas no social, atentas ás descubertas das ciencias naturais e sociais e ás creacións técnicas e tecnolóxicas, poden constituír unhas ferramentas imprescindibles para a emancipación humana e a realización vital. O mundo da cultura é fascimante. Protagoniza a mellor partitura do ser humano. A cultura é esixente, pero outorga xenerosas doses de felicidade, pracer e, sobre todo, o logro dunha fecundante vixilia. Dun escoitar os sons do silencios. Dun ver máis alá. Este libro quixo abordar algúns aspectos desa viaxe.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497825368
Idioma: Gallego
Número de páginas: 296
Tiempo de lectura:
7h 1m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/03/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
OBRAS DE REFERENCIA - ENSAIO
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 399.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Seoane
Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira. Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.