Sinopsis de VELADAS INDECENTES (1º PREMIO DE LITERATURA DRAMATICA DO MINISTER IO ESPAÑOL)
A velada, ou o“xénero”velada, representa para o autor unha inmersión no rito do encobrimento. Neste tomo oferecen-se tres pezas do autor: A velada de Londres (1992), parcialmente inédita; Cando chega Decembro, estreada en 1994 pola Aula de Teatro da Universidade compostelana, con dirección de Roberto Salgueiro, e A velada espectral de Mister Peabody, alegoría encarregada por R.S. para a devandita Aula comemorar o 500o aniversário da Universidade, que subiu á escena a fins de 1995.
1º Premio de Literatura Dramática do Mº Español de Educación e Cultura (1997)
Ficha técnica
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788487847837
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/11/1996
Año de edición: 1996
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Colección:
Teatro
Teatro
Número: 79
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Lourenzo
Manuel Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), licenciado polo Institut del Teatre, de Barcelona, alumno de Pepe Estruch, está vinculado desde 1965 ao teatro independente e comprometido na causa da reincorporación do teatro á vida pública galega. Sexa como dramaturgo, director, actor, teórico, divulgador ou grafista, os seus obxectivos foron sempre a creación e implantación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Nesta dirección, impulsou a creación dos seguintes grupos e compañías teatrais: O Facho (1965), Teatro Circo (1967), Escola Dramática Galega (1978), Compañía Luís Seoane (1980), Clube teatral Elsinor (1990), Casahamlet (1997)... É autor dunha extensa obra dramática iniciada en 1969 con «Romería ás Covas do Demo» e materializada en 2009 como «As dunas», entre a que destacan títulos como «Veladas indecentes» (1996), Premio Nacional de Literatura Dramática; «O circo da medianoite» (1997); «A larva furiosa» (2003); «As horas baixas» (2008), «Flores de Dunsinane» (Xerais, 2010) e «Suite Artabria» (Xerais, 2017), estas dúas últimas galardonadas co Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. Reuniu o seu teatro breve (1973-2015) no libro «Nunca paraíso» (Xerais, 2016). Dirixiu espectáculos como «Electra», «Copenhague», «Fausto», «Magnetismo», «O avión paranoico»... Recibiu numerosos premios: Abrente (1978), Artur Carbonell (1983), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Marisa Soto, Maruxa Villanueva, Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008) e Premio Otero Pedrayo (2011).