Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo; aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas; pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía. Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura.
Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é coma unha árbore milenaria; o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día. Velliñas é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo.
A ilustradora, Fátima Alonso, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda. Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.
Ficha técnica
Ilustrador: Fatima Rodrigues Afonso
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498717044
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/06/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
colección O
colección O
Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 540.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Charo Pita
Charo Pita (1966) é escritora, actriz e contacontos. Ten publicado Igor (2001), álbum; Desde Arcadia para Govinda (2001, Premio de poesía Espira Maior) e O arco da vella (Xerais 2009), álbum.