O real empírico e o real soñado cohabitan estes versos. As teorías REM de Eugene Aserinsky e o darwinismo onírico de Mark J. Blechner son o cicel co que non poucos destes poemas tentan burilar a comprensión da experiencia. Hai nos textos de Neto moito de Celan, de Rilke, de Eliot, tamén de Hölderlin. A cuestión metafísica da destrución, desterro e exilio da palabra poética así como a súa refundación úneos con costuras invisibles que acenan tamén a Mallarmé e a Auden ou, entre nós, Valente e Gamoneda. Por iso aquí, como no autor das Elexías de Duíno, o «anxo da garda» baldeira as mans plenas de vida e quítao todo empurrando ao deceso. Entra neste libro e descubrirás como entre as lapelas da noite, desfragmentándose nunha paisaxe con lámpadas de mesa de noite e pousos de insomnia, o diario de abordo dun poeta voga de limiar en limiar e fai reconto do seu breviario de pasos en falso como astrolabio co que camiñar cara a ti, cara a nós, sempre en zonas de tránsito.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478246526
Idioma: Gallego
Número de páginas: 70
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/02/2016
Año de edición: 2014
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ZONAS DE TRANSITO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!