"Un mundo de palabras" reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aqui escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da sua vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamen accederemos as reflexions de signo mais teorico que responden a vision e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na sua importancia para construir unha sociedade moderna, xusta e mais libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmision do virus da lectura e para a sua promocion, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animacion, achegando as suas propias propostas.Estes textos permitennos gozar unha vez mais da voz de Agustin Fernandez Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a sua traxectoria publica, das suas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiracion, estas paxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible."Un mundo de palabras" reúne máis rastros de Agustín Fernández Paz, dándolle así continuidade ao proxecto concibido polo autor e cuxo primeiro froito foi O rastro que deixamos (2012). Os diferentes textos aqui escolmados presentan unha dupla perspectiva arredor do acto de ler e do amor pola literatura.Dende unha mirada subxectiva, atoparemos neles a memoria do lector que foi ao longo da sua vida, a partir do momento en que, da man do seu pai, responsable do contaxio do pracer da lectura, entrou nun mundo que decontado o fascinou. Mais tamen accederemos as reflexions de signo mais teorico que responden a vision e ao intenso labor do experimentado docente. Nelas afonda, entre outros aspectos, no concepto de lectura como ferramenta de acceso ao coñecemento e na sua importancia para construir unha sociedade moderna, xusta e mais libre. Convencido de que as aulas son un espazo privilexiado para a transmision do virus da lectura e para a sua promocion, incide no decisivo papel dos docentes e na necesidade de renovar e reinventar as estratexias de animacion, achegando as suas propias propostas.Estes textos permitennos gozar unha vez mais da voz de Agustin Fernandez Paz en primeira persoa, da lucidez e coherencia que demostrou en toda a sua traxectoria publica, das suas mensaxes cargadas de optimismo e esperanza nun futuro mellor. Dende o respecto e a admiracion, estas paxinas pretenden dar a coñecer o valioso legado dun lector e dun creador inesquecible.
Ver más