O mundo da música precisaba dun moderno tratado en español sobre a técnica de dirección de orquestras, coros e bandas. A Nueva técnica de dirección de orquesta, coro y banda do mestre Navarro Lara é un manual sinxelo, ameno, fondamente didactico, que sera de gran utilidade tanto para profesionais como afeccionados. Un instrumento moi axeitado para todos aqueles que tenten poñer un marcha un grupo vocal ou intrumental, dende grandes agrupacions ata grupos mais modestos organizados en cidades cidades, vilas, parroquias ou centros de traballo. Nesta Nueva tecnica de direccion Navarro Lara aplica os seus fondos coñecementos e traduceos a linguaxe popular. Acompaña as suas leccions con sinxelos graficos de gran axuda e repasa, nos 18 capitulos que integran a obra, dende a preparacion fisica e mental do futuro director, ate o uso da batuta, os compases, a dinamica, como dirixir o tempo e as suas alteracions, a musica contemporanea, o fraseo, a tecnica abstracta, a respiracion, e mesmo aporta un interesante apartado de consellos practicos.