A sátira ocupa un posto relevante no panorama da poesía medieval galega e portuguesa como contrapunto (unhas veces censor e moralista, as máis delas irreverente e lerchán) da poesía de amor e do conxunto da andamiaxe tematica e retorica; e iso non so en canto a modalidade cortes desa manifestacion lirica, senon mesmo da autoctona que atopa na cantiga de amigo a sua expresion especifica. Coas criticas dirixidas as institucions e a quen as representan (Deus e mailo Papa, a abadia e mailo abade, o monarca e mais quen o substitue), son frecuentes a censura e a aldraxe contra os vicios anticorteses (en primeiro lugar a avareza, e logo a escasa profesionalidade dos trobadores e xograres culpables de non saber compoñer cancions de altura). E tamen de destacar o gusto co que se airean vicios e defectos de homes e mulleres (a homosexualidade e a relaxacion de costumes de uns e outras, a avareza, a arrogancia e as tropelias exercitadas polos poderosos, a violencia e a inxustiza contra os debiles, a ignorancia, a estupidez). Non faltan as invectivas e as inxurias persoais, sobre todo de trobadores pertencentes a aristocracia contra xograres, nin a obscenidade que protagonizan en primeiro lugar as soldadeiras, mais tamen con frecuencia as damas da nobreza, as que non poucos poetas dirixen cancions que corresponden exactamente a outra cara das cantigas de amor. Manifestase neste tipo de poesia un formigar de sentimentos que, asi e todo compre non esquecelo, non sempre reflecte unha realidade socio-cultural, senon que forma parte dunha especie de xogo social a igual nivel cas cantigas de amor e as cantigas de amigo.