Devorar O laboratorio do doutor Nogueira e empezar a escribir: velaquí dúas operacións que se poden facer no mesmo día e que, de feito, eu estou a levar a cabo, consciente de que as présas nunca foron boas compañeiras da reflexion, pero tamen convencido de que, onde fala o entusiasmo, sempre hai moito de boa e fiel verdade. Se -como e o caso- estamos a referirnos o ambito da lectura, e un libro foi quen de mover tales paixons, de prender a atencion de tal maneira dende a primeira paxina ata esta engadida que eu agora estou a escribir, e que, cando menos, detras ou dentro da obra en cuestion hai mestria na arte de narrar.
A historia que se nos conta transcorre nun tempo mítico e nun lugar, Baladouro, que pertence a un espacio identificable como o das terras do concello de Arteixo. Alí nace un neno, Estevo, e o cego de Baladouro prognostica que o naipelo estará dotado de estraños poderes. O neno vai medrando e axiña se descobre que a profecía é certa, xa que Estevo ten poderes máxicos. O cego regálalle un libro, O libro Vermello, no que só o neno poderá ler; cando o saiba todo, as letras desaparecerán e o libro converterase en po. O neno medra, aprende e a profecía cúmprese. Pero pouco despois comeza a chover sobre Baladouro cunha chuvia interminable, ameazando con asolagar todo. Curiosamente, a chuvia só cae sobre o seu lugar natal, polo que Estevo decide descubri-las causas do estraño fenómeno. Estevo emprende entón unha sorte de viaxe iniciática, durante a cal vai coñecendo diferentes personaxes (un bibliotecario, unha meiga, unha Sombra, un vello escritor popular, un anano, un can mouro...) que lle van facilitando as pistas para que poida chegar a coñece-lo segredo que se agacha trala persistente choiva. Finalmente, o segredo queda desvelado: un nubeiro é o que está a asolagar Baladouro. Estevo vai velo á súa cova e, gracias á forza da súa palabra, xa que o nubeiro devece por escoitar historias, consegue que faga desaparece-la maldición e Baladouro acabe salvándose.