Un pastor gaña a gratitude dun vello corvo, cando lle arrinca unha espiña da pata. Tras este xesto, a ave, axudarao a conseguir os seus soños, a través dunha serie de trocos, que a partir da espiña seran a liña condutora da narracion. Pola espiña, unha candea; pola candea, unha vaca; pola vaca, unha moza; pola moza UNHA FRAUTA! Luisa Morandeira adapta este conto orixinal turco, a partir do esquema de formula comun, que aparece en Europa. Segundo os lugares, podemos atopar series de obxectos diferentes, e por veces, con mais elementos (rabo, navalla, sardiña, fariña, nena, guitarra), pero en todas as versions, aparece un animal como protagonista (gato, mono, raposo). Nesta adaptacion libre, pese a que a autora enriquece a trama con elementos tirados da tradicion de Oriente Medio, manten o final propio das versions europeas e conclue cunha cancion que recompila a formula dos trocos, interpretada polo protagonista coa frauta, o ultimo obxecto obtido do troco. Non sucede o mesmo con outros exemplos, como O rabo do gato recollido en Portugal por Adolfo Coelho, en que esta secuencia se perdeu. O punto de partida, tamen diferente ao do folclore europeo, neste caso podemolo relacionar co mito de Androcles e o leon: Androcles arrincalle a fera unha espiña cravada na sua pata, e o leon, agradecido, premia o home. O simbolismo do corvo esta cheo de contradicions nas diferentes manifestacions culturais. Paxaro de mal agoiro para alguns, desenvolve un papel esencial para outros pobos, que o consideran un simbolo de gratitude, anunciador de triunfos, protector, mago, adiviño, mensaxeiro celeste Asociase igualmente a soidade, ao illamento voluntario e a perspicacia (no Xenese, sera o que verifique, apos o diluvio universal, se a terra volve ser un lugar habitable). Maurizio A. C. Quarello reflicte todas estas connotacions, derivadas en parte das caracteristicas fisicas do animal, e con magnificos trazos, outorgalle unha forza simbolica que para ningun lector pasara inadvertida. Por medio dunha gama de cores calidas, que van desde os ocres aos vermellos, crea unha atmosfera alegre, mais intencionadamente ironica. Tamen, xoga coas paisaxes e morfoloxias que remiten aos ambie
Ver más