A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente. Como no Ciprianillo, o popular libro dos tesouros ocultos, o lector non debe ler senon desler, do presente ao pasado, ao xeito do arqueologo que se interna na caverna da España do Ultimo Dia. A segunda trata da "amnesia retrogada", unha viaxe contra o esquecemento e unha denuncia do "complexo de Creonte" no que ainda se manteñen as elites mais influentes da dereita española. Na terceira, "A revolucion do mar", contanse, entre outras, duas loitas que contribuiron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedicion do Xurelo a Fosa Atlantica e o "thriller" do caso Prestige. E, por ultimo, na cuarta, "As Reexistencias", unha sorte de historias naturais escritas cunha respiracion alternativa, entre dor e humor. En todo caso, o proposito deste libro responde a idea que enunciou con encarnizada precision Rodolfo Walsh: escribir e un avance laborioso contra a estupidez.A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e de fábrica literaria. A primeira das viaxes describe o lugar imaxinario onde, tras a perda do poder en 2004, se decidiu instalar a España conservadora: o Estado de Apocalipse Permanente. Como no Ciprianillo, o popular libro dos tesouros ocultos, o lector non debe ler senon desler, do presente ao pasado, ao xeito do arqueologo que se interna na caverna da España do Ultimo Dia. A segunda trata da "amnesia retrogada", unha viaxe contra o esquecemento e unha denuncia do "complexo de Creonte" no que ainda se manteñen as elites mais influentes da dereita española. Na terceira, "A revolucion do mar", contanse, entre outras, duas loitas que contribuiron a modificar a nosa conciencia medioambiental: a expedicion do Xurelo a Fosa Atlantica e o "thriller" do caso Prestige. E, por ultimo, na cuarta, "As Reexistencias", unha sorte de historias naturais escritas cunha respiracion alternativa, entre dor e humor. En todo caso, o proposito deste libro responde a idea que enunciou con encarnizada precision Rodolfo Walsh: escribir e un avance laborioso contra a estupidez.
Ver más