Decote pasan centos de historias polos mármores das tabernas, como pasan as constelacións sobre a cuberta dos barcos, dalgunhas quedan as pegadas, como as que deixa o acedo do viño, outras desaparecen namais pasarlle un pano. Na taberna OSalto do Can, Ponciano limpa as mesas cada mana, logo bota unha presa de serraduras polo chan, e despois busca no xornal os numeros da sorte. Bibian o perruqueiro soña con Fred Astaire, o cego Zacarias adiviña as cores, D. Ruperto, de Biscuit Antiguidades, gaba as "delicatessen" do "metre cusinier", mentres a pantasma da señora de Fonta leva viño branco para guisar as pombas do xardin; Dorita quer se facer puta, o home do traxe gris fala con Poe. Peitoradas, o marques de Ghataesfolada, Caruso e Fleta, a Serea dos Ollos Grandes, e ata un incerto Robert Taylor entraron un dia pola porta e quedaron para sempre; agora forman parte xa da moblaxe, como o reloxo de parede, o paraugueiro, a piramide das cuncas, ou a loura do almanaque de Bodegas Prioriño que colga encima da caixa de farias, onde Ponciano garda as necroloxicas. O '' Salto do Can constitue a sorprendente e emocionante primeira novela de Jorge Llorca, a memoria de todo unha xeracion ferrola escrita nos marmores dunha taberna.Decote pasan centos de historias polos mármores das tabernas, como pasan as constelacións sobre a cuberta dos barcos, dalgunhas quedan as pegadas, como as que deixa o acedo do viño, outras desaparecen namais pasarlle un pano. Na taberna OSalto do Can, Ponciano limpa as mesas cada mana, logo bota unha presa de serraduras polo chan, e despois busca no xornal os numeros da sorte. Bibian o perruqueiro soña con Fred Astaire, o cego Zacarias adiviña as cores, D. Ruperto, de Biscuit Antiguidades, gaba as "delicatessen" do "metre cusinier", mentres a pantasma da señora de Fonta leva viño branco para guisar as pombas do xardin; Dorita quer se facer puta, o home do traxe gris fala con Poe. Peitoradas, o marques de Ghataesfolada, Caruso e Fleta, a Serea dos Ollos Grandes, e ata un incerto Robert Taylor entraron un dia pola porta e quedaron para sempre; agora forman parte xa da moblaxe, como o reloxo de parede, o paraugueiro, a piramide das cuncas, ou a loura do almanaque de Bodegas Prioriño que colga encima da caixa de farias, onde Ponciano garda as necroloxicas. O '' Salto do Can constitue a sorprendente e emocionante primeira novela de Jorge Llorca, a memoria de todo unha xeracion ferrola escrita nos marmores dunha taberna.
Ver más