Durante o ano 2008 celébrase o 25 aniversario de Educadores pola Paz, grupo que forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Para conmemorar esta efeméride, Xesús R. Jares, desaparecido o pasado mes de setembro, impulsou a publicacion dunha triloxia, Educacion e Paz, coa intencion de que recollese as achegas dos homes e mulleres que, ao longo destes anos, veñen traballando arredor dos obxectivos que promove Educadores pola Paz. Con esta intencion naceron os tres libros que constituen o proxecto, deseñado en colaboracion con Edicions Xerais de Galicia. Educacion e Paz III. Literatura galega pola Paz, que recolle textos narrativos e poeticos de autores e autoras galegos inspirados na cultura da paz. Textos que tanto polo seu valor literario como polo seu contido tematico, poidan ser utilizados nas aulas para espallar os obxectivos que defende Educadores pola Paz. Participan no volume quince narradores (Rosa Aneiros, Ramon Caride, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Xabier P. DoCampo, Agustin Fernandez Paz, Jaureguizar, Manuel Lourenzo Gonzalez, Xose Miranda, Teresa Moure, Xavier Queipo, Maria Reimondez, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro) e catorce poetas (An Alfaya, Fran Alonso, Celso Alvarez Caccamo, Marica Campo, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Antonio Garcia Teijeiro, Olga Novo, Maria Xose Queizan, Roman Raña Lama, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xulio L. Valcarcel e Rafa Villar), aos que se engaden os textos creados polos membros do Obradoiro de Lingua Gianni Rodari, vencellados ao movemento de Educadores pola Paz. Os dereitos de autor xerados pola venda deste terceiro volume, editado como os anteriores por Edicions Xerais de Galicia, destinaranse, a partes iguais, a Amnistia Internacional-España e a Greenpeace-España.
Ver más