📗 Libro en gallego CARTAS DE VELLOS AMIGOS 1959-1998

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498652185

Estudios literarios Epistolarios

Sinopsis de CARTAS DE VELLOS AMIGOS 1959-1998

Un documento de excepción pola personalidade dos correspondentes e polo seu valor como testemuño dunha parte importante da historia da Galicia do século XX. Nestas Cartas de vellos amigos, Xosé Neira Vilas mantén vivos os vencellos que o unen ao mundo cultural da Galicia do interior e ao da diáspora. Sen sucumbir a saudades paralizantes, convertendo a distancia nun pulo construtivo para o individuo e para a comunidade, concretada metonimicamente nesa rede de amigos que o epistolario está, carta a carta, a tecer.


Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498652185

Idioma: Gallego

Número de páginas: 612
Tiempo de lectura:
14h 40m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 12/02/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
Memoria

Número: 25
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Neira Vilas


Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...
Descubre más sobre Xosé Neira Vilas
Recibe novedades de Xosé Neira Vilas directamente en tu email

Opiniones sobre CARTAS DE VELLOS AMIGOS 1959-1998


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana