📗 Libro en gallego CHEGAMOS DESPOIS A UNHA TERRA GRIS

Edicións Xerais - 9788499142098

Literatura en gallego Teatro en gallego

Sinopsis de CHEGAMOS DESPOIS A UNHA TERRA GRIS

Raúl Dans fai un retrato desapiadado dun núcleo familiar en descomposición, en cuxo centro está Helena, esposa e nai, presa da insatisfacción e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o destino mentres todo o seu universo se derruba. Teatro de personaxes, da palabra como arma, da trama como revelación. Velaquí un drama de feitura clásica poboado de perdedores e antiheroes modernos, mulleres e homes na busca do obxectivo máis lexítimo do ser humano: a conquista da felicidade.As relacións de parella, entre pais e fillos, os vencellos que nos unen ás persoas, a natureza deses vínculos e as súas escravitudes, o inexorable paso do tempo, as frustracións, o fracaso e as débiles esperanzas que nos manteñen con vida. En Chegamos despois a unha terra gris hai tamén unha reflexión sobre a verdadeira identidade das persoas, sobre ese ser desprezable que aniña en cada un de nós, ese ser que nos emperramos en negar, pero que somos, en realidade, máis que aquel outro que quixeramos ser ou aparentamos ser ante os demais.Algunhas historias pretenden iluminar as zonas escuras da alma humana. En palabras do propio autor, Chegamos despois a unha terra gris penetra nesas zonas escuras para perderse nelas.Raúl Dans fai un retrato desapiadado dun núcleo familiar en descomposición, en cuxo centro está Helena, esposa e nai, presa da insatisfacción e a amargura, ante o reto de afrontar unha batalla contra o destino mentres todo o seu universo se derruba. Teatro de personaxes, da palabra como arma, da trama como revelación. Velaquí un drama de feitura clásica poboado de perdedores e antiheroes modernos, mulleres e homes na busca do obxectivo máis lexítimo do ser humano: a conquista da felicidade.As relacións de parella, entre pais e fillos, os vencellos que nos unen ás persoas, a natureza deses vínculos e as súas escravitudes, o inexorable paso do tempo, as frustracións, o fracaso e as débiles esperanzas que nos manteñen con vida. En Chegamos despois a unha terra gris hai tamén unha reflexión sobre a verdadeira identidade das persoas, sobre ese ser desprezable que aniña en cada un de nós, ese ser que nos emperramos en negar, pero que somos, en realidade, máis que aquel outro que quixeramos ser ou aparentamos ser ante os demais.Algunhas historias pretenden iluminar as zonas escuras da alma humana. En palabras do propio autor, Chegamos despois a unha terra gris penetra nesas zonas escuras para perderse nelas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142098

Idioma: Gallego

Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/03/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - TEATRO - Biblioteca Dramática Galega

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.2 cm
Peso: 211.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por RAUL DANS


Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista de cine e televisión e actor de dobraxe. Comezou a súa carreira como actor na Compañía Luís Seoane, e é un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica desde 1985. En 1993 irrompe na escena da escrita teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais). Un ano máis tarde acada o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar (Xerais, 1995). En 1997 gaña o prestixioso Premi Born coa obra Derrota (Xerais, 1999). Con Chegamos despois a unha terra gris (Xerais, 2011) gaña por segunda vez o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e, finalmente, o premio da AELG.
Descubre más sobre RAUL DANS
Recibe novedades de RAUL DANS directamente en tu email

Opiniones sobre CHEGAMOS DESPOIS A UNHA TERRA GRIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana