O Charlie nunca pensou que puidese gustarlle ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Nick mesmo encontrou o valor para saír do armario coa súa nai. Porén, saír do armario non é algo que pase só unha vez: está o irmán máis vello do Nick e unha viaxe do instituto a París, sen esquecer todas as outras amizades e familiares... e a vida pode ser difícil, mesmo con alguén que te quere ao teu lado. Á medida que os seus sentimentos se fan máis profundos, o Charlie e o Nick precisarán o un do outro máis que nunca. Este é o terceiro volume da serie best-séller Heartstopper, escrita e debuxada pola autora premiada Alice Oseman.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411106139
Idioma: Gallego
Número de páginas: 384
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 13/03/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - Heartstopper
INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - Heartstopper
Alto: 23.5 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 2.7 cm
Peso: 640.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Alice Oseman
Alice Oseman naceu en 1994 en Kent, Inglaterra, e é escritora e ilustradora a tempo completo. Normalmente pódele topar coa ollada perdida na pantalla do seu ordenador, a cuestionar a falta de sentido da existencia ou a facer de todo para evitar acabar nun traballo de oficina. Ademais de escribir e ilustrar «Heartstopper», Alice é autora de catro novelas xuvenís: «Solitaire», «Radio Silence», «I Was Born for This» e «Loveless», gañadora do YA Book Prize. Para saber máis sobre o traballo de Alice, visita os seus perfís online: aliceoseman.com twitter.com/AliceOseman instagram.com/aliceoseman