Sinopsis de LUGAR (PREMIO ALVARO CUNQUEIRO DE TEATRO 1994)
Lugar, obtivo o Premio de textos teatrais Álvaro Cunqueiro na súa edición do ano 1994. David e O Viaxeiro, dous vellos amigos da infancia reencóntranse, pasado un tempo, nun apeadeiro no que xa non pasa o tren. Dous personaxes unidos por unhas lembranzas comúns e que co paso do tempo a penas son capaces de recoñecerse. Este encontro e desencontro dos personaxes é, o mesmo tempo, o de dous mundos, o urbano e o rural, a difícil convivencia en simbiose destes dous mundos é un dos temas de fondo da obra, sendo os dous personaxes as puntas de dous icebergs a piques de colisionar estrepitosamente.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079561
Número de páginas: 71
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Número: 000020
Especificaciones del producto
Escrito por RAUL DANS
Raúl Dans (A Coruña, 1964) é autor teatral, guionista de cine e televisión e actor de dobraxe. Comezou a súa carreira como actor na Compañía Luís Seoane, e é un dos integrantes do colectivo de intérpretes que iniciou a dobraxe en galego, oficio ao que se dedica desde 1985. En 1993 irrompe na escena da escrita teatral galega con Matalobos (Premio Rafael Dieste para Textos Teatrais). Un ano máis tarde acada o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro con Lugar (Xerais, 1995). En 1997 gaña o prestixioso Premi Born coa obra Derrota (Xerais, 1999). Con Chegamos despois a unha terra gris (Xerais, 2011) gaña por segunda vez o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e, finalmente, o premio da AELG.