VIAXES NO PAIS DE ELAL

Editorial Galaxia, S.A. - 9788471548344

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VIAXES NO PAIS DE ELAL

Un libro de viaxes que tamen é relato de aventuras, crónica de actualidade e fascinante persecución das pegadas da participación galega na colonización da Patagonia. Esta é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de transporte, polas latitudes austrais da República Arxentina. O país de Elal é a Patagonia, o inmenso territorio que habitaba a raza dos tehuelches ata que alí chegaron outros homes que a si mesmos se denominaban galegos. Desde Bariloche, na cordilleira dos Andes, ata Punta Arenas, no Estreito de Magallanes, o escritor viaxeiro vai deixando constancia de lugares que se chaman Comodoro Rivadavia, Aldea Beleiros ou Río Gallegos, vestixios inequívocos dun dos episodios máis sobresalientes e aínda descoñecidos da nosa historia colectiva.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788471548344

Número de páginas: 220

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/09/1992

Año de edición: 1992

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Alcalá


Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.
Descubre más sobre Xavier Alcalá
Recibe novedades de Xavier Alcalá directamente en tu email

Opiniones sobre VIAXES NO PAIS DE ELAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana