Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa. Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo -o da vida no campo- que hoxe padeceu unha radical transformación. Son tipos humanos desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con estrañeza o seu redor. Poemas como "O cego do violín", "A morte na Campiña" ou o que dá título ao libro,"Os sons da braña", representan un claro exemplo dese desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola globalización. En Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a poetas admirados ("Lembranza a Manuel María") ou á louvanza de territorios vitais irrenunciables ("A vila de Monterroso", "Lembranzas do río Ulla"). Todas estas composicións -como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á obra- presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra.