Unha escolma que pretende devolver á luz unha obra lírica xa no seu día loada por Vicente Risco. A poesía de Eladio Rodríguez González (1864-1949) viuse escurecida pola magnitude do seu labor como autor do Diccionario enciclopedico gallego-castellano. Para Xesus Alonso Montero, responsable desta edicion, a sua obra lirica esta impregnada de emocion e dignidade literaria. Alonso Montero fai un achegamento a vida e a obra do autor dos poemas para continuar cunha seleccion das suas obras agrupadas segundo os temas tratados.
O Diccionario, coñecido tamén como"O Don Eladio", é a obra dun egrexio lexicógrafo e dun profundo e amantísimo coñecedor da Galicia tradicional, un diccionario que non se limita a recompilar as palabras e os seus significados, senon tamen a explicalas no seu contexto social e cultural, a recrealas a facelas revivir a traves das suas variantes e das expresions, frases e refrans as que dan lugar. O primeiro volume do Diccionario, precedido dun fervoroso limiar de Otero Pedrayo, foi publicado en 1958 por Editorial Galaxia, quen contou nesta ocasion co patrocinio da Casa de Galica de Caracas. Os dous tomos restantes apareceron en 1960 e 1962 e desde ese momento"O Don Eladio"converteuse nunha referencia ineludible para linguistas, filologos, escritores e, en xeral, para todas as persoas interesadas en coñecer e apreciar a riqueza da lingua galega. O diccionario enciclopedico gallego-castellano e un monumento da lexicografia galega, con mais de 2.000 paxinas, co que se formaron xeracions enteiras de estudiosos e escritores.