📗 Libro en gallego ENMIGRACION E ACCION EDUCATIVA EN GALICIA

XERAIS - 9788497820417

Pedagogía Diccionarios de pedagogía

Sinopsis de ENMIGRACION E ACCION EDUCATIVA EN GALICIA

O tema da inmigración converteuse nos últimos tempos nun dos eixes sobre os que xira boa parte do discurso social, ata o punto de ser recoñecido como hiperxénero. Trátase dunha cuestión complexa, con grande calado ético, cognitivo e afectivo, e dunha considerable heteroxeneidade polos referentes comunicativos que implica, tanto no plano político-económico como, de xeito particularmente crítico, na órbita cultural.

O presente volume, preparado polos profesores Miguel Anxo Santos Rego e María do Mar Lorenzo Moledo, é pioneiro no escrutinio socioeducativo do fenómeno da inmigración en Galicia, un país aínda de emigrantes, e pretende coñecer e dispor o que sexa necesario para que a inmigración que chega teña na escola, e no sistema educativo en xeral, o lugar que lle corresponde en xustiza. Un libro, froito dunha investigación ampla e rigorosa, que ten como obxecto facer unha aproximación ordenada a un vínculo, o que se dá entre inmigración e educación en Galicia, de grande potencia para un futuro de convivencia e progreso compartidos na perspectiva dunha Europa interesada por alcanzar unha cidadanía intercultural.

Convencidos os autores de que a inmigración continuará a ser un formidable vector de cambio no mundo, este volume abre un fecundo camiño para que os educadores participen con razóns e argumentos sólidos, nesa dinámica aberta de maior diálogo e compromiso interdisciplinar sobre unha das cuestións máis relevantes da realidade social do noso tempo.


Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497820417

Idioma: Gallego

Número de páginas: 280

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/04/2004

Año de edición: 2003

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Miguel Anxo Santos Rego y MARIA DEL MAR LORENZO MOLEDO



Opiniones sobre ENMIGRACION E ACCION EDUCATIVA EN GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana