LETRAS GALEGAS 2023
En maio de 1953, Francisco Fernández del Riego e a súa esposa, Evelina, viaxan a París, onde se reencontran co seu amigo Manuel Colmeiro. Aqueles días nas ribeiras do Sena serviron para coñecer a cidade, os museos e a arte, á vez que mantivo parladoiros con persoeiros relevantes, moitos deles exiliados, e ampliou pareceres e coñecementos.
En moitos dos escritos Del Riego deixou noticia da importancia da literatura francesa na súa vida, e, nunc aixón, quedaron estar Memorias do París literario, onde volve sobre unha das súas grandes paixóns.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491519935
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 10/03/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Biblioteca Fernández del Riego
Biblioteca Fernández del Riego
Número: 3
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 229.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Francisco Fernández Del Riego
Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenza 1913 - Vigo 2010). Ensaísta e narrador, pertence á promoción de intelectuais xurdidos ao abeiro do grupo Nós, que se incorporaron ás tarefas do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro do Partido Galeguista. Logo da Guerra Civil participou na reorganización do galeguismo na clandestinidade. Tamén foi director xerente da Editorial Galaxia. É un dos intelectuais e activistas culturais máis destacados da Galicia do século XX. Foi presidente da Real Academia Galega ata 2001, institución na que ingresou en 1960 co discurso Un país e unha cultura. A idea de Galicia noso nosos escritores. Director da Biblioteca Penzol e da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor de numerosos libros, que iniciou con Cos ollos do noso espírito do noso tempo (1949), ao que seguiron, entre outros: Galicia no espello (1954), ensaio; Historia da literatura galega (1981); Pensamento galeguista do século XIX (1983); Pensamento galeguista do século XX (1983); Ánxel casal e o libro galego (1983); As peregrinacións xacobeas (1984); Diccionario de escritores en lingua galega (1990); O río do tempo (1991), o seu volume de memorias; O cego de Pumardedón (1992), a súa novela; Galicia (Xerais 1992, 2023), o seu libro de viaxes; A Xeración Galaxia (1996), ensaio; Antolín Faraldo, o gran soñador (Xerais 1998), ensaio; Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000); A pegada das viaxes (2000); Castelao e o seu tempo; unha perspectiva ourensá (2001); Cartas de Luís Seoane desde o exilio (2002). Preparou tamén edición da Poesía de Antonio Noriega Varela (Xerais 1991). No ano 2023 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.