Se se puidese falar dun sistema festivo galego, o Entroido ocuparía un lugar central nel. A revitalización das festas populares que se percibe en moitas culturas occidentais contradí os prognósticos sobre a sua desaparicion. En Galicia, como noutros lugares e noutras culturas, o Entroido non so non desapareceu, senon que se revitalizou nas ultimas decadas.Neste novo libro Federico Cocho revisa e actualiza os estudos que comezou a publicar hai un cuarto de seculo sobre a gran festa de festas que e o Carnaval. Amplia a documentacion, incorpora as moitas novidades xurdidas nas ultimas decadas ao longo de Galicia e analiza o porque desa revitalizacion do Entroido, unha festa interclasista con fondas raices na cultura popular europea.O libro reune informacion recollida nun amplo traballo de campo ao longo dos anos e achega reflexions e analises para explicar o Entroido galego do seculo XXI. En particular, a traves das suas manifestacions mais singulares, aquelas que lle outorgan un perfil propio as mascaradas galegas, sexa en contextos rurais, sexa en contextos urbanos. O primeiro capitulo, As raices, encadra o Entroido no ciclo festivo e percorre os seus antecedentes historicos romanos e medievais, sen eludir un achegamento ao debate sobre as suas imprecisas orixes. Polo segundo capitulo, As mascaras, desfilan pantallas, peliqueiros, felos, volantes, boteiros, madamas e toda clase de choqueiros, elementos caracteristicos das mascaradas rurais e simbolos actuais de identidade festiva local. O capitulo terceiro, As comitivas, salienta o papel do Entroido como elemento de cohesion local (veciñal, parroquial) e, ao tempo, como vehiculo para o intercambio e a relacion social con outras comunidades, como evidencian as comitivas de xenerais e correos do val do Ulla ou os folions da zona oriental da provincia de Ourense, por citar dous exemplos.O Carnaval e tamen tempo de xogos e doutros divertimentos, bromas e actividades ludicas, especificas ou non desta epoca do ano. A elas dedicaselles o capitulo cuarto, Os xogos. O ultimo capitulo, Simbolos e satiras, centrase nas representacions ou personificacions do Entroido como tempo acoutado para o reinado da burla e da broma, asi como nas formas de canalizar a satira e a critica sociais. Un tempo especial de inversion de valores. O mundo do reves. Unha festa antiga que entra fortalecida e renovada no novo milenio.
Ver más