Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, "Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)", constitúe o elo mais amplo dun ambicioso ciclo ensaistico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educacion, do coñecemento e da cultura nun momento historico de dificiles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades."Todos somos Ulises" analiza criticamente a hexemonia da razon economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimension plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluido entre a escola e as familias, o uso critico e creativo das ferramentas tecnoloxicas, a pertinencia dunha educacion publica equitativa, as demandas da diversidade, a educacion en valores, a vocacion, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacions do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha solida formacion cientifica, humanistica e social, apostando pola adquisicion de elevados niveis de realizacion estetica e sensible, espiritual e moral.Nesa viaxe cara a Itaca do coñecemento e da autocreacion individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e a que todas deberian contribuir coa sua actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as mais elevadas cotas de emancipacion, eudaimonia e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo a fecunda viaxe dunha educacion critica e democratica, humanista e liberadora a altura dos complexos retos contemporaneos.Na liña dos seus libros anteriores, "Atravesar o espello", "O Sol de Homero" e "Saudar a vida", esta nova proposta, "Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)", constitúe o elo mais amplo dun ambicioso ciclo ensaistico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educacion, do coñecemento e da cultura nun momento historico de dificiles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades."Todos somos Ulises" analiza criticamente a hexemonia da razon economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimension plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluido entre a escola e as familias, o uso critico e creativo das ferramentas tecnoloxicas, a pertinencia dunha educacion publica equitativa, as demandas da diversidade, a educacion en valores, a vocacion, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacions do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha solida formacion cientifica, humanistica e social, apostando pola adquisicion de elevados niveis de realizacion estetica e sensible, espiritual e moral.Nesa viaxe cara a Itaca do coñecemento e da autocreacion individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e a que todas deberian contribuir coa sua actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as mais elevadas cotas de emancipacion, eudaimonia e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo a fecunda viaxe dunha educacion critica e democratica, humanista e liberadora a altura dos complexos retos contemporaneos.
Ver más