Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supon unha profunda reflexion sobre a identidade e a represion linguistica, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. "Cronica Cornica" e unha novela que sorprende e destila amor polas palabras e as linguas en cada paxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, tecese a traves dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composicion polifonica que adopta as formas do relatorio e da cronica onde, por veces, e mais importante o non dito, o dialogo imaxinario, do que a voz directamente expresada. Unha novela contemporanea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a triade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso cientifico, senon desde a fabulacion murmurada de boca a orella. Un intenso e metaforico berro literario a favor das linguas e contra a marxinacion e as desigualdades economicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.Inexplicabelmente o condado de Cornualle, na illa de Gran Bretaña, esperta unha fría mañá de xoves ou de venres falando unha lingua extinta: o córnico. A partir dese feito, desenvólvese unha trama atractiva, escrita cun estilo poderoso, que supon unha profunda reflexion sobre a identidade e a represion linguistica, ambientada na Gran Bretaña de hoxe. "Cronica Cornica" e unha novela que sorprende e destila amor polas palabras e as linguas en cada paxina, abordando un tema tan crucial como escasamente tratado na literatura. A novela, de tintura saramaguiana, tecese a traves dun personaxe colectivo que se encarna en secretarias, profesoras, alcaldes, mariñeiros, carteiras, pallasos, libreiros e xardineiras: toda unha composicion polifonica que adopta as formas do relatorio e da cronica onde, por veces, e mais importante o non dito, o dialogo imaxinario, do que a voz directamente expresada. Unha novela contemporanea, que pode ser lida en moitas claves, que pivota sobre a triade lingua, identidade e sociedade, e foi enunciada non desde o discurso cientifico, senon desde a fabulacion murmurada de boca a orella. Un intenso e metaforico berro literario a favor das linguas e contra a marxinacion e as desigualdades economicas, culturais e sociais entre colectivos e pobos.
Ver más