Este libro preséntanos a elaboración culinaria dunha das zonas máis ricas e atractivas do noso país: a montaña. Da man de Gloria Gallego, xornalista madrileña de nacemento e galega de adopción, residente no Courel, os productos da montaña vannos abrindo os seus secretos ali onde un clima frio e duro elimina practicamente a diferencacion entre pratos. Na montaña adoitanse tomar doces como entrantes e almorzos que semellan xantares pois o clima asi o dicta. Sen embargo, o aproveitamento desta riquisima cociña na gastronomia moderna e enorme. Desde as carnes (especialmente a caza), os caldos, os peixes de rio, a matanza, os preparados o forno, as hortalizas (con especial atencion a pataca), a castaña, os derivados lacteos, os doces e os licores, todo se plasma na alimentacion cotia e todo se recolle neste volume. A partir destes elementos, o presente libro esta formado por mais de 100 receitas que Gloria Gallego preparou e presenta con sinxeleza e rigor os lectores. Esta cociña esta marcada polo seu caracter temporeiro (as patacas, os productos da matanza, as castañas, os grelos..). Esta e unha gastronomia de arca e artesa, enormemente nutritiva, de grande riqueza e de elaboracion sinxela. O caldo de feixons verdes, a zorza, as sardiñas con cachelos, o bacallao con patacas, o guiso de xabarin, as filloas, a bola sobada, a androia, o cocido, as empanadas, as patacas asadas no remol, o leite con castañas, o leite callado, a torta formeza, os queixos, as chulas, o arroz con leite, as papas de millo, o licor de amorodos, as sopas de burro canso, o viño quente e o cafe de pota estaran magnificamente servidos na mesa dos lectores.
Ver más