A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusion da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na ultima decada nesa angueira. A carreira do salmon, unha antoloxia da obra xornalistica de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitian Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inedita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.Suso de Toro escribe dende a sua subxectividade sobre os mais diversos temas sociais e politicos do noso tempo (dende a contaminacion acustica as tripas do actual mundo tecnoloxico, dende o debate sobre a legalizacion das drogas a pobreza economica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminacion das mulleres as voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problematica nacional galega a configuracion politica do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporaneo e insubmiso, achegandose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nacion, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmon o futuro so queda aberto para os que teñan azos e vontade.A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusion da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na ultima decada nesa angueira. A carreira do salmon, unha antoloxia da obra xornalistica de Suso de Toro, preparada por Maruxa Guitian Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inedita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo.Suso de Toro escribe dende a sua subxectividade sobre os mais diversos temas sociais e politicos do noso tempo (dende a contaminacion acustica as tripas do actual mundo tecnoloxico, dende o debate sobre a legalizacion das drogas a pobreza economica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminacion das mulleres as voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problematica nacional galega a configuracion politica do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporaneo e insubmiso, achegandose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nacion, do mundo, da vida, da esperanza. Para Suso de Toro nesta carreira do salmon o futuro so queda aberto para os que teñan azos e vontade.
Ver más